- Tema
Luns, 21 de xuño de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa

A marca Lugo10 abre o concurso para conseguir unha botella da edición especial de Coca-Cola con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.
A través da páxina web de Lugo10 en Facebook, e con motivo das festas de Arde Lucus, ábrese a participación nesta iniciativa.
O concurso consiste en que os usuarios inviten a todos os seus contactos a que se unan á páxina de Lugo 10. Se son capaces de conseguir que alomenos dez deles se unan en menos de 5 días, ata o próximo venres, momento no que finaliza o concurso, obterán unha botella de Coca-Cola edición especial "Muralla de Lugo".
Máis información sobre o concurso e as bases da promoción no seguinte enlace:
http://apps.facebook.com/diezlugodiez/