Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo10 abre o concurso on-line para conseguir unha botella de Coca-Cola da edición especial do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

Lugo10 abre o concurso on-line para conseguir unha botella de Coca-Cola da edición especial do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

  • Tema
    • Xuventude
Luns, 21 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A marca Lugo10 abre o concurso para conseguir unha botella da edición especial de Coca-Cola con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

A través da páxina web de Lugo10 en Facebook, e con motivo das festas de Arde Lucus, ábrese a participación nesta iniciativa.

O concurso consiste en que os usuarios inviten a todos os seus contactos a que se unan á páxina de Lugo 10. Se son capaces de conseguir que alomenos dez deles se unan en menos de 5 días, ata o próximo venres, momento no que finaliza o concurso, obterán unha botella de Coca-Cola edición especial "Muralla de Lugo".

Máis información sobre o concurso e as bases da promoción no seguinte enlace:

http://apps.facebook.com/diezlugodiez/ [1]

http://facebook.com/lugo10 [2]

www.lugo10.es [3]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lugo10-abre-o-concurso-line-para-conseguir-unha-botella-de-coca-cola-da-edicion-especial-do

Ligazóns:
[1] http://apps.facebook.com/diezlugodiez/
[2] http://facebook.com/lugo10
[3] http://www.lugo10.es