Lugo desprega a súa arte para celebrar o XVIII Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Carmen Basadre presentou a programación, que arrincará o 29 de novembro coa degustación dunha gran torta conmemorativa no soto da Praza de Abastos. Haberá música en directo

O día 30 de novembro, de mañá terá lugar un acto institucional, e de tarde celebrarase unha exhibición de zumba no adarve da Muralla, inaugurarase unha exposición de fotografía no Vello Cárcere e haberá unha actuación musical de seis corais en 6 portas da Muralla

O broche de ouro virá da mán da cantante Andrea Pousa, que ofrecerá o sábado, 1 de decembro, un concerto no patio do Vello Cárcere, a partir das 20:00 horas. O acceso é libre ata completar cabida

Xoves, 22 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo desprega a súa arte para celebrar o XVIII Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación cultural que preparou para celebrar por todo o alto os 18 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Os actos arrincarán o 29 de novembro, ás 18:00 horas, no soto da Praza de Abastos. Representantes da Asociación Lucense de Pastelerías e Confiterías (Mallorca, Martín, Mimos, Ramón e Yomar) elaborarán unha gran torta conmemorativa, dunhas 4.000 racións. As persoas que queiran asistir depositarán 20 céntimos por cada ración, que se destinarán ao Banco de Alimentos de Lugo. Entre tanto haberá música en directo.

Ao día seguinte, o 30 de novembro, ás 12:00 horas haberá un acto institucional diante da Mosqueira. Celebrarase tamén unha exhibición de zumba polo adarve da Muralla, a partir das 17:00 horas, a cargo de Jesús Illán e Noemí Cerviño. A actividade é aberta ao público que desexe participar.

Ás 17:30 horas, inaugurarse a exposición de fotografías da Muralla de Pepe Álvez: Feitas con móbil; na primeira pranta do Vello Cárcere. Xa entrada á noitiña, seis corais porán banda sonora ao XVIII Aniversario da Muralla como Ben Mundial. A Coral Ecos do Miño Aestelu estará na Porta de Bispo Aguirre, o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na Porta de San Pedro, o Orfeón Lucense, na Porta Falsa, a Schola Gregoriana Lucensis na Porta Nova, a Coral Xolda en Porta Miñá e o Orfeón Xoán MOntes na Porta de Santiago. Unha vez rematada a actuación, desde o adarve da Muralla soltaranse pequenos faroliños. Para participar neste acto simbólico, as persoas que queiran participar poden recoller o seu farolillo nas distintas escaleiras, na rampla e no ascensor de acceso á Muralla.

O broche de ouro á programación virá da mán da cantante melódica-lírica galega Andrea Pousa, que ofrecerá o sábado, 1 de decembro, un concerto no patio do Vello Cárcere, a partir das 20:00 horas. O acceso é libre ata completar cabida.

Para os máis pequenos e pequenas do municipio, o Concello convocou un concurso de  contos, O Anel de Pedra. O prazo de presentación dos traballos é ata o 10 de xaneiro. Posteriormente, seleccionaranse os mellores e a entidade local editará un libro con eles.

Carmen Basadre convidou aos veciños e veciñas, así como a visitantes a participar nesta programación conmemorativa, ao tempo que fixo un chamamento a seguir querendo, coidando e protexendo á Muralla, como Ben Mundial que é.

Máis info

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o XVIII Aniversario da Muralla | Descargar mp3

Multimedia

  • Lugo desprega a súa arte para celebrar o XVIII Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas