Lugo acollerá esta fin de semana a Copa Princesa de Voleibol co apoio de Concello e Deputación

O evento, que terá lugar os días 6 e 7 de xaneiro no Pavillón Municipal da capital luguesa, reunirá aos 4 mellores clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina: CV Emevé, CV Madrid Chamberí, CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia)

A Copa Princesa, que chega á súa décimo primeira edición totalmente consolidada, é uns dos seis títulos máis importantes da tempada do Voleibol a nivel nacional

Os Gobernos de Concello e Deputación de Lugo achegan 45.000 euros e 70.000 euros respectivamente, ao Club Voleibol Emevé para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática

Xoves, 04 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo acollerá esta fin de semana a XI edición da Copa Princesa de Voleibol que terá lugar no Pavillón Municipal da capital luguesa. Trátase dunha das competicións máis importantes da tempada a nivel nacional, pois reunirá aos 4 mellores clubs da Superliga 2 feminina: CV Emevé (Lugo), CV Madrid Chamberí (Madrid), CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia). Os Gobernos de Concello e Deputación de Lugo colaboran na organización desta cita deportiva, pois achegan 45.000 e 70.000 euros respectivamente, ao Club Voleibol Emevé, o equipo referencia desta modalidade na provincia, para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática para a cidade, ademais de ser unha oportunidade única para promover o deporte feminino.

Copa Princesa de Voleibol

A Copa da Princesa de Voleibol é a competición española máis recente, debido a que se inicia na tempada 2007-2008. O Club Emevé xa sabe o que é levantar esta Copa, pois alzouse coa sétima edición, que tivo lugar en Miranda de Ebro no ano 2014.

Esta nova edición do torneo do K.O. da división de prata do voleibol nacional terá lugar por primeira vez en Lugo. O Pavillón Municipal será a sede dun intenso campionato copeiro no que se enfrontarán os 4 mellores Clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina (os dous primeiros do Grupo A e os dous primeiros do Grupo B) clasificados na primeira volta da liga. Como tal, Copa Princesa é uns dos 6 títulos máis importantes da tempada de Voleibol a nivel nacional. Nesta edición participarán o CV Elche e o Xàtiva Voleibol, como primeiros clasificados do Grupo B, xunto ao Madrid Chamberí e o Emevé, primeiros clasificados do Grupo A. 

Horarios da competición

DIA

HORA

PARTIDOS (haberá streaming en directo)

06-01-18

17:00

Semifinal 1 C.V. Madrid Chamberí – C.V. Elche Viziusport

06-01-18

19:00

Semifinal 2 C.V. Emevé – C.V. Xátiva

07-01-18

12:00

Final

Noticias relacionadas