Lugo acolle este fin de semana a VI Copa Príncipe de Voleibol

Xoves, 10 de xaneiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este fin de semana tamén terá lugar a XLVI Exposición Galega de Pombas Mensaxeiras no Pazo de Feira e Exposicións

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe de Servizo Provincial da Xunta de Galicia, Manuel Otero, e o Presidente do Club Voleibol Emevé, José Bouza, presentaron a VI Copa Príncipe de Voleibol que se celebra este fin de semana en Lugo.

O responsable municipal de Deportes agradeceu á Real Federación Española de Voleibol a confianza que depositou no Club Emevé para a organización dun evento tan importante como este “que atraerá a moitos afeccionados de toda España”. Os encontros serán o sábado 12 ás 19.00 horas a primeira semifinal entre o Emevé e o Téxtil Santanderina e ás 21.00 horas entre o UPV Valencia e o CV Almoradí. A final xogarana o domingo 13 ás 12:00 no Pazo Municipal dos Deportes.

Xuntanza Pombas mensaxeiras

Esta fin de semana tamén se celebra en Lugo a XLVI Exposición Galega da Pomba Mensaxeira e que reúne, ano tras ano, aos amantes destes animais. Nesta edición, a Sociedade Colombófila Lucenses, é a encargada de organizar esta xuntanza co fin de promover este deporte as carreiras con pombas mensaxeiras en Lugo e comarca.

Desta maneira, no Pazo de Feiras e Exposicións, competirán entre si en diversas categorías pombas chegadas de todos os puntos de Galicia e da que sairá a nova Campioa de Galicia e que será a representante desta comunidade na Exposición Nacional. Nesta exposición participarán dous xuíces nacionais, seis rexionais e seis xuíces sociais, ademais de diferentes colombófilos.

Multimedia

Noticias relacionadas