A concellería de Medio Ambiente plantou 30 novas árbores entre a glorieta xunto á residencia de persoas maiores e a intersección da Rúa Veiga Grande
- Tema

Lara Méndez reforzou a naturalización na mediana da Avenida Infanta Elena co obxecto de que este acceso principal á cidade, recentemente ampliado e mellorado e que é tan transitado, sexa ambientalmente más sostible. Con este fin, a Concellería de Medio Ambiente plantou 30 novas árbores no treito comprendido entre a glorieta xunto á residencia de persoas maiores e a glorieta coa intersección da Rúa Veiga Grande.
A rexedora, que se achegou a supervisar as tarefas acompañada do edil Miguel Fernández, explicou que “avanzamos na mellora ambiental e na recuperación paisaxística desta avenida, aproveitando as mellores épocas e condicións para a plantación de árbores que seleccionamos con especial atención”. Os exemplares son faias roxas, da especie Fagus sylvatica 'Purpurea', elixida por ser unha especie que se adapta máis facilmente á zona.