Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez reforza a naturalización da Avenida Infanta Elena para que este acceso sexa ambientalmente máis sostible

Lara Méndez reforza a naturalización da Avenida Infanta Elena para que este acceso sexa ambientalmente máis sostible

A concellería de Medio Ambiente plantou 30 novas árbores entre a glorieta xunto á residencia de persoas maiores e a intersección da Rúa Veiga Grande

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Domingo, 19 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reforza a naturalización da Avenida Infanta Elena para que este acceso sexa ambientalmente máis sostible

Lara Méndez reforzou a naturalización na mediana da Avenida Infanta Elena co obxecto de que este acceso principal á cidade, recentemente ampliado e mellorado e que é tan transitado, sexa ambientalmente más sostible. Con este fin, a Concellería de Medio Ambiente plantou 30 novas árbores no treito comprendido entre a glorieta xunto á residencia de persoas maiores e a glorieta coa intersección da Rúa Veiga Grande.

A rexedora, que se achegou a supervisar as tarefas acompañada do edil Miguel Fernández, explicou que “avanzamos na mellora ambiental e na recuperación paisaxística desta avenida,  aproveitando as mellores épocas e condicións para a plantación de árbores que seleccionamos con especial atención”. Os exemplares son faias roxas, da especie Fagus sylvatica 'Purpurea', elixida por ser unha especie que se adapta máis facilmente á zona.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-reforza-naturalizacion-da-avenida-infanta-elena-para-que-este-acceso-sexa