Lara Méndez recibe no Concello á padeeira lucense Tania Fernández, campiona do mundo de piragüismo en maratón

Luns, 24 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe no Concello á padeeira lucense Tania Fernández, campiona do mundo de piragüismo en maratón

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns na Casa Consistorial á padeeira lucense Tania Fernández, recentemente proclamada campiona do mundo de piragüismo na modalidade de maratón. A deportista conquistou o ouro no Mundial celebrado a comezos de outubro na localidade portuguesa de Ponte da Lima, na categoría K2, xunto á súa compañeira no club Kaiak Tudense, Tania Álvarez (O Grove).

Lara Méndez trasladou os seus parabéns á lucense polo éxito conseguido e animouna a seguir traballando para engrosar un palmarés no que xa conta con dúas medallas de prata mundiais, unha europea, e un bronce mundial, ao que se une agora esta medalla de ouro “coa que pasa a formar parte do selecto club de deportistas lucenses que logran un título mundial, o que nos enche de alegría e satisfacción”, destacou a rexedora.

Noticias relacionadas