Lara Méndez presenta á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

Xoves, 26 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez presenta á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, presentou este xoves á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano impulsado polo executivo municipal para acometer pequenos labores de acondicionamento, arranxo e recuperación nos barrios da cidade, a través do centro especial de emprego de iniciativa social Coregal Parques e Xardíns, xa que outro dos fins que se perseguen é facilitar a inclusión no mercado laboral das persoas con discapacidade.

Este plan dará continuidade ao Muramiñae Rehabilita e extenderase ao conxunto dos barrios da cidade, ademáis da zona DUSI. Para a selección dos labores a executar o Concello activou unha campaña de participación cidadá, habilitando varias vías para que os veciños e veciñas poidan enviar as súas propostas tanto de forma telemática, a través da páxina web www.alcaldialugo.gal ou enviando un WhasApp ao 623 200 872; como de forma presencial, cubrindo unha ficha que se poderá atopar no buzón Dito e feito! instalado na entrada do Concello, ou a través dos ciclistas que percorreren as rúas da cidade anunciando a campaña.

Multimedia

  • Lara Méndez presenta á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

Noticias relacionadas