Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez presenta á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

Lara Méndez presenta á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Urbanismo,
    • Planeamento urbanístico
Xoves, 26 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez presenta á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, presentou este xoves á veciñanza da Fonte dos Ranchos o Plan de Embelecemento urbano impulsado polo executivo municipal para acometer pequenos labores de acondicionamento, arranxo e recuperación nos barrios da cidade, a través do centro especial de emprego de iniciativa social Coregal Parques e Xardíns, xa que outro dos fins que se perseguen é facilitar a inclusión no mercado laboral das persoas con discapacidade.

Este plan dará continuidade ao Muramiñae Rehabilita e extenderase ao conxunto dos barrios da cidade, ademáis da zona DUSI. Para a selección dos labores a executar o Concello activou unha campaña de participación cidadá, habilitando varias vías para que os veciños e veciñas poidan enviar as súas propostas tanto de forma telemática, a través da páxina web www.alcaldialugo.gal [1] ou enviando un WhasApp ao 623 200 872; como de forma presencial, cubrindo unha ficha que se poderá atopar no buzón Dito e feito! instalado na entrada do Concello, ou a través dos ciclistas que percorreren as rúas da cidade anunciando a campaña.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-presenta-vecinanza-da-fonte-dos-ranchos-o-plan-de-embelecemento-urbano-co-que-se

Ligazóns:
[1] http://www.alcaldialugo.gal