Sábado, 02 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo participou esta mañá nas xornadas de Fadas, Federación de asociacións do ámbito social de Lugo, nas que colabora o Concello de Lugo.
Ao encontro tamén acudiron a concelleira de Benestar, Olga López, a edil de muller, Silvia Alonso, e a tenente de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.