Lara Méndez destaca a importancia da gastronomía de Lugo para impulsar o municipio como referente nun turismo sostible

A alcaldesa presentou coa Asociación de Hostaleiros o 17ª Concurso de Tapas, unha das citas gastronómicas máis esperadas da cidade onde participan 40 establecementos

A rexedora destacou o privilexio de contar cunha ampla oferta de produtos, de gran calidade, así como de profesionais de alto nivel.

Lembrou o proxecto co que o Concello quere impulsar un plan turístico de futuro coa recuperación da Fábrica da Luz como centro de enograstromomía de referencia.

Mércores, 26 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca a importancia da gastronomía de Lugo para impulsar o municipio como referente nun turismo sostible

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe no Vello Cárcere a 17 edición do Concurso de Tapas, unha das tradicionais e esperadas citas gastronómicas da capital lucense organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinada polo Concello de Lugo, que terá lugar entre o 4 e o 20 de novembro.

A rexedora destacou a calidade da oferta gastronómica da cidade, tanto nos produtos que se utilizan como polos profesionais que os preparan nunha “hostalaría que é xa coñecida en toda España e pola que traballamos na consecución da súa declaración como patrimonio inmaterial”.

Neste sentido, Méndez lembrou a aposta do Concello por impulsar, a través dos fondos europeos Next Generation, un “ambicioso proxecto turístico baseado na nosa historia e patrimonio, vinculado tamén coa enogastronomía coa recuperación na ribeira do Miño do edificio da Fábrica da Luz como un centro de referencia para o devandito cometido”.

Esta decimoséptima edición do Concurso de Tapas contará coa participación de máis de 40 bares e restaurantes da zona con diversas propostas culinarias. A rexedora explicou que este concurso é unha cita xa tradicional, que vai da man ademais “coa nosa decisión de promover un turismo do século XXI: cultural, gastronómico, accesible, interactivo e ben posicionado”.

A rexedora convidou aos veciños e veciñas a gozar da nosa gastronomía no mes de novembro, que cada ano renova o atractivo da cidade ao tempo que impulsa a marca ...E para comer Lugo.

Á presentación tamén asistiron o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real; a deputada provincial Pilar García Porto; a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro; o presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez,  ademais dun representante de Estrella Galicia.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca a importancia da gastronomía de Lugo para impulsar o municipio como referente nun turismo sostible

Noticias relacionadas