Lara Méndez comparte a mañá previa a Reis cos usuarios do centro Antonio Gandoy, aos que lle entregou agasallos doces

Durante o encontro, a Alcaldesa de Lugo lembrou que mañá haberá un baile especial polo Día de Reis no centro social da Milagrosa, en horario das 16.30 ás 20.00 horas.

Xoves, 05 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez comparte a mañá previa a Reis cos usuarios do centro Antonio Gandoy, aos que lle entregou agasallos doces

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cumpriu hoxe coa tradición de compartir a mañá previa ao Día de Reis cos 55 usuarios a usuarias do centro municipal de día Novo Antonio Gandoy, visita na que a acompañou a concelleira de Maiores, Olga López Racamonde, e na que aproveitaron para desexarlles un Feliz Aninovo.

Como tamén é tradición, a rexedora obsequiou aos usuarios un agasallo doce -composto por turrón, mazapán e améndoas-, e mantivo un animado encontro escoitando e interactuando cos maiores do centro.

Neste senso, a rexedora lembrou que desde o Novo Antonio Gandoy, o Concello ofrece un servizo público dirixido a toda a poboación maior do termo municipal, no que son unha prioridade todos aqueles cidadáns que, polas súas eivas físicas ou mentais, socioeconómicas ou familiares, teñan reducida a súa autonomía para as actividades básicas e/ou instrumentais da vida diaria. Nesta estratexia de atención xerontolóxica adquire unha especial relevancia as accións destinadas á socialización e participación dos maiores, grupos de diálogo e fomento das relacións interpersoais, o encontro con outros colectivos e a planificación de actividades comúns.

Lara Méndez e Olga López puxeron en valor o gran traballo que está a levar no Centro de Día e aseguraron que “se seguirá a traballar desde a solidariedade e o compromiso cos nosos maiores e con aqueles que os coidan, pois se merecen todo o noso respecto, agarimo e apoio”.

Baile de Reis

A rexedora aproveitou tamén para convidar aos presentes a celebración maña dun baile especial polo Día de Reis no centro social da Milagrosa, en horario das 16.30 ás 20.00 horas.

Xa o sábado, día 7, e o domingo, día 8, serán os tres centros habituais os que acollerán os bailes da terceira idade como todas as fins de semana: A Milagrosa, Díaz Castro e Maruja Mallo, no seu horario habitual, é dicir, das 16.30 ás 20.00 horas.

Multimedia

  • Lara Méndez comparte a mañá previa a Reis cos usuarios do centro Antonio Gandoy, aos que lle entregou agasallos doces

Noticias relacionadas