Lara Méndez anima aos empresarios e emprendedores dos barrios a establecer lazos e redes de apoio entre eles para crecer

A Alcaldesa de Lugo mantivo un novo encontro co tecido económico no marco dos almorzos de negocios activados coa estratexia Localmente Lucense de reactivación dos barrios.

A cafetería Pasarela acolleu a máis de corenta persoas neste evento de networking, o quinto do ano, que se retoma tralo parón durante o período estival.

Xoves, 01 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anima aos empresarios e emprendedores dos barrios a establecer lazos e redes de apoio entre eles para crecer

A cafetería Pasarela, situada na Rúa Frei Plácido Rei Lemos, acolleu este xoves un novo almorzo de negocios enmarcado no movemento Localmente Lucense, posto en marcha polo Goberno de Lara Méndez, que supuxo o regreso desta iniciativa de networking tralo parón durante o período estival.

A alcaldesa e a edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, participaron nesta cita que congregou a máis de corenta empresarios e emprendedores lucenses. “Trátase do quinto almorzo que organizamos este ano, co obxectivo de facilitar novas oportunidades de negocio ao tecido empresarial da cidade, ofrecéndolle aos participantes a posibilidade de ampliar a súa rede de contactos”, explicou Méndez.

Estes encontros se van organizando nos distintos barrios da cidade, para facilitar a participación e tamén como unha ocasión de mobilizar os comercios e negocios da zona. Así, a concelleira subliñou que “os almorzos son un foro a través do que mellorar a comunicación entre os emprendedores da cidade e facilitar a creación de novos lazos”.

Multimedia

  • Lara Méndez anima aos empresarios e emprendedores dos barrios a establecer lazos e redes de apoio entre eles para crecer

Noticias relacionadas