Jaime Pardo Valdés gaña Olladas de San Froilán

O xurado fallou hoxe o certame de vídeo convocado polo Concello para difundir as patronais a través do audiovisual, dotado con 1.500 euros

Xoves, 09 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou este xoves de que o gañador do concurso de vídeo Olladas de San Froilán convocado polo Concello é Jaime Pardo Valdés, coa peza Días de festa, unha mirada diferente do San Froilán. Así o decidiu o xurado, formado por Christian Gutiérrez, Marcos Barrios e Iago Viana, que se reuniu esta mañá nas dependencias da Concellería de Cultura, na casa consistorial.

O vídeo de Jaime Pardo foi seleccionado entre a ducia de pezas presentadas ao certame co que o Concello busca difundir as festas patronais a través do audiovisual e que está dotado con 1.500 euros.

Noticias relacionadas