A IV Concentración Ancares Tuning Cidade de Lugo celébrase esta fin de semana no Recinto de Feiras e Congresos

Xoves, 14 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Xerente da Fundación Feiras, Rubén López, e Benigno García Álvarez, en representación da organización, presentaron hoxe a IV Concentración Ancares Tuning Cidade de Lugo.

O Concelleiro de Deportes explicou que nas anteriores edicións este evento celebrouse en Becerreá pero este ano, dado o que foi medrando a participación, a organización decidiu trasladar a concentración ó Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Os organizadores xa teñen confirmada a asistencia de participantes de Córdoba, Madrid, Ávila, o resto de Galicia e o Norte de Portugal.

A IV Concentración Ancares Tuning terá lugar os días 16 e 17 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos. As inscricións pódense facer dende o sábado. O horario da concentración será de 10.00 a 22.00, o sábado, e de 10.00 a 14.00, o domingo.

Está previsto a entrega de máis de 80 trofeos e haberá premios especiais nas seguintes categorías: club máis numeroso, mellor pintura, mellor aerografía, coche máis lonxano, coche máis antigo, mellor multimedia, coche máis baixo (sen neumática), coche máis ancho (homologado), llanta XL, llanta máis pequena, alerón XL, top German, escape diesel e gasolina, coche máis cheo de tuners, lanzamento de llanta e top racing.

Multimedia

Noticias relacionadas