Rubén Arroxo: “trátase dunha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade e mellorar os servizos públicos dunha da cidade”
A Xunta de Goberno aprobou a contratación desta actuación, cun orzamento de 62.974,45€

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou da que se vén de aprobar a contratación da intervención que permitirá ampliar as beirarrúas da rolda da República Arxentina. En concreto, a área de Mobilidade e Infraestruturas actuará no treito de República Arxentina que discorre entre Pintor Corredoira e a rúa Santiago, que presenta actualmente bastantes deficiencias e unha anchura insuficiente para o correcto tránsito de peóns. Rubén Arroxo afirmou que “con esta intervención pretendemos mellorar as deficiencias desta beirarrúa, adaptándoa ás normativas actuais sobre accesibilidade”.
A Xunta de Goberno de hoxe aprobou a adxudicación desta intervencióná empresa Construcciones Eduardo Miguelez SL, cun orzamento de 62.974,45€ e un prazo de execución de un mes. Os traballos inclúen a renovación do pavimento actual con baldosas de formigón, aumentando o ancho da beirarrúa. Ademais, renovarase a rede de sumidoiros da zona e desprazarase a instalación de alumeado público até a nova marxe.
Rubén Arroxo afirmou que “esta intervención é necesaria para favorecer a accesibilidade das veciñas e veciños de Lugo, ao mesmo tempo que se melloran as instalacións de servizos públicos”.
Audio
- O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre as beirarrúas da Rolda da República Arxentina | Descargar mp3