Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Infraestruturas ampliará as beirarrúas da ronda da República Arxentina

Infraestruturas ampliará as beirarrúas da ronda da República Arxentina

Rubén Arroxo: “trátase dunha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade e mellorar os servizos públicos dunha da cidade”

A Xunta de Goberno aprobou a contratación desta actuación, cun orzamento de 62.974,45€

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Servizos xerais,
    • Urbanismo
Mércores, 17 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas ampliará as beirarrúas da ronda da República Arxentina

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou da que se vén de aprobar a contratación da intervención que permitirá ampliar as beirarrúas da rolda da República Arxentina. En concreto, a área de Mobilidade e Infraestruturas actuará no treito de República Arxentina que discorre entre Pintor Corredoira e a rúa Santiago, que presenta actualmente bastantes deficiencias e unha anchura insuficiente para o correcto tránsito de peóns. Rubén Arroxo afirmou que “con esta intervención pretendemos mellorar as deficiencias desta beirarrúa, adaptándoa ás normativas actuais sobre accesibilidade”.

A Xunta de Goberno de hoxe aprobou a adxudicación desta intervencióná empresa Construcciones Eduardo Miguelez SL, cun orzamento de 62.974,45€ e un prazo de execución de un mes. Os traballos inclúen a renovación do pavimento actual con baldosas de formigón, aumentando o ancho da beirarrúa. Ademais, renovarase a rede de sumidoiros da zona e desprazarase a instalación de alumeado público até a nova marxe.

Rubén Arroxo afirmou que “esta intervención é necesaria para favorecer a accesibilidade das veciñas e veciños de Lugo, ao mesmo tempo que se melloran as instalacións de servizos públicos”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre as beirarrúas da Rolda da República Arxentina | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/infraestruturas-ampliara-beirarruas-da-ronda-da-republica-arxentina

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210317_ruben_arroxo_beirarruas_rolda_republica_arxentina.mp3