Información da área de Medio Ambiente sobre a caída dunha árbore en Ramón Ferreiro na tarde do xoves

Venres, 15 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Información da área de Medio Ambiente sobre a caída dunha árbore en Ramón Ferreiro na tarde do xoves

Trala caída este mediodía, dunha árbore na Avenida de Ramón Ferreiro, a área de Medio Ambiente informa de que:

A Policía Local tivo aviso, ás 15:20 horas do sucedido, trasladando ao lugar dos feitos dúas patrullas, con dous axentes cada unha, que pudieron comprobar que un tilo, de grandes dimensións, caera sobre dous vehículos estacionados na calzada ocasionándolles danos materiais.

Durante o operativo, que durou aproximadamente hora e media, foi necesario cortar o tráfico na Avenida e redirixilo polas rúas da contorna para permitir que os operarios da empresa concesionaria do servizo de mantemento de parques e xardíns puideran tallar o exemplar caído e retíralo con seguridade para trasladalo posteriormente ás súas instalacións coa fin de estudar o estado no que se atopa.

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, desprazouse inmediatamente a zona para coñecer o alcance do sucedido, onde mantivo contacto cos propietarios dos turismo afectados aos que lles ofreceu toda a colaboración institucional por parte do Concello para tramitar as reclamacións e costear o arranxo dos automóbiles.

En principio, todo apunta a que se trata dun suceso puntual, producido pola climatoloxía adversa que se rexistrou este xoves aínda que, por precaución, o Concelleiro de Medio Ambiente deu orde de que se realice un informe pormenorizado da situación na que se atopa o resto do arboredo plantado na contorna. Santos Ramos pediu á cidadanía que ante as malas condicións do tempo, extremen as precaucións e advertiu que, durante a xornada de hoxe, non se decretara, por parte da Xunta, ningunha alerta meteorolóxica na cidade, requisito imprescindible para que o Concello poida pechar as zonas verdes municipais.

No dispositivo, colaboraron tamén unha dotación dos Bombeiros e unha brigada de Urbaser, que se encargou de limpar a vía. A situación quedou totalmente normalizada ao redor das cinco da tarde.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a caída dunha árbore en Ramón Ferreiro | Descargar mp3

Noticias relacionadas