A Guardia Pretoriana invadiu esta tarde a cidade a través do Camiño de Santiago

Carmen Basadre acompañou ás tropas romanas polo casco histórico de Lugo, unha actividade enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral

Mércores, 17 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Guardia Pretoriana invadiu esta tarde a cidade a través do Camiño de Santiago

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañou este mércores polo casco histórico, ás tropas da Guardia Pretoriana, que realizaron esta tarde un treito do Camiño de Santiago, entre a Ponte da Chanca e a Ponte Romana. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral, organizado polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica do municipio, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo, estreando este ano a distinción de Festa de Interese Turístico Nacional.

En xornada de mañá, e tamén enmarcada dentro desta programación, tivo lugar, na Praza Maior, unha degustación e venda de pan romano, a cargo da Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo (AFAPAN). A edil achegouse a saudar aos panadeiros e panadeiras que ofreceron pan de centeo ou millo, con frutos secos ou pasas, entre outros.

Multimedia

  • A Guardia Pretoriana invadiu esta tarde a cidade a través do Camiño de Santiago
  • A Guardia Pretoriana invadiu esta tarde a cidade a través do Camiño de Santiago

Noticias relacionadas