Gran afluencia na primeira semana de apertura das piscinas municipais exteriores de Frigsa

O prezo é de 1 euro para rapaces e rapazas de ata 15 anos e de 2,20 para adultos

Venres, 08 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Gran afluencia de público na primeira semana dende a apertura das piscinas municipais exteriores de Frigsa, ata as que se achegaron en 7 días preto dun milleiro de persoas, preto de 560 cativos e 440 adultos. Estas piscinas permanecerán abertas durante os meses de xullo e agosto de luns a vernes, de 12:00 a 20:30 horas (pechan ás 21:00 horas), e os sábados e domingos de 12:00 a 20:00 horas (pechan ás 20:30 horas). O bo tempo converteu ás piscinas municipais nunha alternativa de lecer para os lucenses e visitantes esta semana.

Os prezos establecidos para esta campaña e que se manteñen como anos anteriores, son de 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas de ata 15 anos de idade. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,90 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

No que respecta ás piscinas cubertas de Frigsa, o seu horario é de luns a venres, de 08:00 a 14:00 horas (saída da auga ás 13:30) e de 16:00 a 22:00 horas (saída da auga ás 21:30). En agosto permanecerá pechada e abrirá a piscina das Pedreiras de luns a venres, de 8:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas. Os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.

Audio

  • Miguel Fernández, voceiro municipal e Concelleiro de Deportes e Medio Rural | Descargar mp3

Noticias relacionadas