A fase lucense do XXXII Trofeo Liceo "La Paz" remata esta fin de semana

Xoves, 28 de maio de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou o XXXII Trofeo Liceo “La Paz” Fubito. XXVII Gran Premio Coca-Cola . X Memorial Rodríguez Rama que terá lugar esta fin de semana na cidade. Neste acto tamén estivo o organizador do evento Juan Carlos Rodríguez Grandela.

Este torneo se está a desenvolver en toda Galicia remantando a fase de Lugo este sábado 30 de maio no Pavillón Municipal dos Deportes. Nesta actividade participaron un total de 14 colexios da cidade con 50 equipos en total das diferentes categorías.

A competición, que conta co patrocinio do Concello de Lugo, comezará a partir das 16:00 horas. As finais galegas celebraranse en A Coruña os días 7 e 13 de xuño segundo as diferentes categorías.

Multimedia

Noticias relacionadas