Estrea do filme documental Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras mañá no Vello Cárcere

Será a partir das 19:00 horas, concretamente no auditorio, onde a Alcaldesa, acompañada do encargado do guión, dirección e produción executiva do documental, Xan Leira, e o propio protagonista do filme, Alonso Montero presenten a proxección, coa que colabora o Concello

Mércores, 06 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estrea do filme documental Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras mañá no Vello Cárcere

O Vello Cárcere acollerá mañá a estrea do filme documental Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras. Será a partir das 19:00 horas, concretamente no auditorio, onde a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do encargado do guión, dirección e produción executiva do documental, Xan Leira, e o propio protagonista do filme, Alonso Montero presenten a proxección, coa que colabora o Concello de Lugo.

A peza centra a súa narrativa e desenvolvemento temático na faciana pedagóxica do poliédrico profesor-erudito, que fixo da cidade de Lugo o centro gravitacional da súa dilatada traxectoria na procura dun diálogo pedagóxico, para matinar e construír unha sociedade de cidadáns libres. Lugo foi a patria das súas utopías.

Cunha duración de 55 minutos, o documental, producido por Acuarela Comunicación S.L. e rodado en Galicia; conta coa participación de Ana Acuña Trabazo, Emilio Alonso Pimentel, Sara Alonso Pimentel, Rosario Álvarez, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, Manuel Areán Lalín, Carmen Blanco Ramos, Francisco Castro, Xan Centrón, Perfecto Conde, Antón Costa Rico, María Rosa Fernández Rodríguez, Gregorio Ferreiro Fente, Luis González "Ferreiro", Víctor Freixanes, Valentín García Gómez, José Gómez Alén, Ánxela Gracián, Modesto Hermida,  Baldomero Iglesias “Mero", Margarita Ledo, Bieito Ledo, Inma López Silva, Ramón Nicolás, Henrique Monteagudo, Clodomiro Montero, Miguelanxo Murado, David Otero, Cuchus Pimentel, Xesús Rábade, Arturo Reguera, José Luis Rivas Cruz “Mini", Fernando Salgado, Antón Santamarina, Miguelanxo Seixas, Dolores Vilavedra. A música é de Enrique Estrada. 

Noticias relacionadas