Este domingo disputarase o Primeiro Campionato Intercultural de fútbol 7 "Copa da Amizade"

Xoves, 26 de xullo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A competición terá lugar no campo da Cheda, organizada polas asociacións de Rioplatenses de Lugo, de inmigrantes colombianos e de Perú-Lugo coa colaboración do Concello

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polos representantes das asociacións Rioplatenses de Lugo, Ana Bereciartúa; de Inmigrantes Colombianos en Lugo Fundesarrollo, Dorman Fernández, e Perú-Lugo, Gerber Martínez, presentaron hoxe o Primeiro Campionato Intercultural de fútbol 7 “Copa da Amizade”.

O Campionato terá lugar o vindeiro domingo, día 29 de xullo, a partir das 16.00 horas no campo de fútbol da Cheda e participarán nel seis equipos en representación da Arxentina, o Perú, Colombia, Uruguai, Bolivia e Lugo.

Segundo explicou o Concelleiro de Deportes, trátase dunha competición que transcende o meramente deportivo, xa que o que se pretende coa organización desta actividade é fomentar a convivencia e a integración duns colectivos de inmigrantes que xa son uns veciños máis de Lugo porque levan tempo residindo aquí.

Multimedia

Noticias relacionadas