Este domingo celébrase a quinta carreira do XII Circuito Larsa Corre con Nós na zona de San Fiz

Venres, 08 de marzo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este próximo domingo 10 de marzo terá lugar unha nova proba, que xa é a quinta, correspondiente ao XIII Circuito Larsa Corre con Nós, que discurrirá polas inmediacións do barrio de San Fiz.

A organización comezará a instalar a su infraestrutura durante a mañá do domingo para abrir a recollida de dorsais e chips en horario de 11:00 a 11:30, media hora antes do comezo da primera carreira que terá o siguiente orden e horarios aproximados, lembrando que ata que non finalice una categoría non salen as siguientes:

12:00 categoría Mini: 400 mt con 340 atletas inscritos
12:10 categoría A : 700 mt 440 atletas inscritos
12:20 categoría B: 1400 mt 360 atletas inscritos
12:30 categoria C-D: 2500 mt 270 atletas inscritos

O punto común de comezo e finalización das carreiras estará situado no aparcamento superior do centro comercial .

A carreira absoluta que ata hoxe ten unha inscripción de 1798 persoas para o circuito, e que percorrerá 5.100 metros por un trazado de asfalto con un contínuo sube e baixa destacando largas costas seguidas de prolongados descensos ata a liña de meta.

Como todas as probas deste circuito, os atletas máis pequenos teñen trofeos para o primero de cada categoría e medalla para os segundos e terceiros. No caso dos adultos acumulan puntuación para a súa clasificación final do circuito, sendo a última carreira do 17 de xuño cando se celebra a entrega de trofeos para as categorías maiores.

Multimedia

Noticias relacionadas