Aínda é posible apuntarse ao curso, que se desenvolverá en horario de 17.00 a 19.00 horas, e no que as e os participantes poderán elaborar distintos adornos e grinaldas.
A Área de Xuventude e Deportes organiza, dentro da programación de Nadal, un obradoiro de decoración de Nadal, no que se elaborarán distintos adornos decorativos a partir de materiais de refugallo. Polo tanto, o obradoiro adaptarase aos materiais que aporten as e os participantes para deseñar os adornos decorativos de Nadal durante as tardes de varias xornadas. Entre outros elementos de decoración, poderanse elaborar tarxetas de felicitación, grilandas e adornos para o árbore, sempre dependendo do número de participantes e das súas idades.
Aínda é posible inscribirse neste obradoiro, dirixido a mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, para o que é necesario acceder á web do Concello, na que xa están publicadas as bases e os formularios, na dirección http://formulario.xuventudelugo.gal/.

