Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta semana dan comezo os obradoiros de decoración de Nadal con materiais de refugallo, que se impartirán na Casa da Xuventude

Esta semana dan comezo os obradoiros de decoración de Nadal con materiais de refugallo, que se impartirán na Casa da Xuventude

Aínda é posible apuntarse ao curso, que se desenvolverá en horario de 17.00 a 19.00 horas, e no que as e os participantes poderán elaborar distintos adornos e grinaldas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Luns, 16 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Área de Xuventude e Deportes organiza, dentro da programación de Nadal, un obradoiro de decoración de Nadal, no que se elaborarán distintos adornos decorativos a partir de materiais de refugallo. Polo tanto, o obradoiro adaptarase aos materiais que aporten as e os participantes para deseñar os adornos decorativos de Nadal durante as tardes de varias xornadas. Entre outros elementos de decoración, poderanse elaborar tarxetas de felicitación, grilandas e adornos para o árbore, sempre dependendo do número de participantes e das súas idades.

Aínda é posible inscribirse neste obradoiro, dirixido a mozos e mozas, de entre 14 e 30 anos, para o que é necesario acceder á web do Concello, na que xa están publicadas as bases e os formularios, na dirección http://formulario.xuventudelugo.gal/ [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-semana-dan-comezo-os-obradoiros-de-decoracion-de-nadal-con-materiais-de-refugallo-que-se

Ligazóns:
[1] http://formulario.xuventudelugo.gal/