Esta fin de semana celébrase en Lugo a VI Concentración Nacional do Club Masmini de coches

Venres, 21 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá a VI Concentración Nacional del Club Masmini que se celebra este fin de semana en Lugo. No acto tamén participaron Alonso Liste, piloto de rallyes, e Luis Laxe e Roberto Domingos en representación da Asociación Masmini.

Esta é a primeira vez que esta concentración se celebra en Lugo e durará ata o domingo 23 de setembro, anteriormente celebrouse en lugares como Valencia, Santander, ou Teruel.

Díaz Grandío destacou “a importancia deste tipo de eventos que achegan a Lugo a persoas de todas as partes de España e que permiten aos lucenses coñecer outro tipo de estilos de vida”.

Dentro do programa destacan a recepción que se vai facer en Lugauto BMW, que será mañá sábado ás 10 horas, e posterior visita á Ribeira Sacra. Pola tarde, terá lugar a Asemblea Anual do Club momento no que se escolleran os novos membros da Xunta Directiva. O domingo 23 os lucenses poderanse achegar á Praza Horta do Seminario para poder ver os diferentes coches dende máis preto xa que estarán expostos de 12 a 14 horas.

O Club Masmini fundouse no ano 2007 e converteuse no club de referencia a nivel nacional para todos os propietarios, afeccionados e entusiastas desta marca inglesa de coches.

Multimedia

Noticias relacionadas