Entrega de premios do concurso de Carrefour e o Concello con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A praza Maior acollerá mañá, martes, ás seis da tarde, a entrega de premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello de Lugo con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Esta actividade consistiu nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente que se celebrou o sábado e na que participaron 15 rapaces e rapazas. O obxectivo que persegue esta acción é sensibilizar sobre o respecto ao medio ambiente e a inclusión das persoas con discapacidade nun espacio natural de convivencia que potencie as habilidades sociais e educativas dos escolares, así como promover a autonomía persoal destes colectivos, razón pola que se leva celebrando nos últimos anos cunha gran acollida.

A actividade consistiu na celebración de diferentes talleres de animación sociocultural para membros das asociacións Aspace, Síndrome de Down e Cruz Vermella. O prazo forte foi o concurso de debuxo co que se remataron as actividades.

Como o pasado ano, na entrega de premios participarán o Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre. Todos os participantes recibirán o seu agasallo pola participación, tanto por parte de Carrefour como do Concello.

Noticias relacionadas