Eixo Atlántico reúne en Viana a alcaldes e responsables da Comisión Europea dos eixos prioritarios da Política Urbana

A alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico Lara Méndez, participou nestas xornadas poñendo en valor as boas prácticas que están a desenvolver os concellos para transformar os territorios baixo o prisma da sustentabilidade e cambio climático.

Venres, 10 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Eixo Atlántico reúne en Viana a alcaldes e responsables da Comisión Europea dos eixos prioritarios da Política Urbana

A nova Política Urbana Europea prioriza unha serie de elementos e obxectivos para impulsar nas cidades. O concepto de Axenda Urbana (o Eixo Atlántico elaborou a primeira Axenda Urbana Transfronteiriza Europea que involucra a todas as cidades asociadas e coordinou recentemente a primeira Axenda Urbana Transfronteiriza do Mercosur), desenvolverase no próximo período de programación a través do Pacto Verde e da Nova Bauhaus Europea, conceptos impulsados pola Comisión Europea e que serán prioritarios en todas as actuacións políticas e programas asociados á política urbana e o seu financiamento.

O Pacto Verde é unha estratexia de crecemento baseada nun ambicioso paquete de iniciativas políticas cuxo obxectivo é situar á Unión Europea no camiño cara unha transición ecolóxica sostible, coa intención de alcanzar a neutralidade climática de aquí a 2050. Nel recóllense medidas de control de polución, políticas sociais e accións contra o cambio climático, leis de sustentabilidade, redución das emisións de gas, eficiencia enerxética, economía circular ou economía verde, entre outras.

Asociado á estratexia do Pacto Verde Europeo, xorde o concepto do Novo Bauhaus Europeo, un movemento que pretende abarcar varias disciplinas para dar forma a un futuro sostible e crear cidades máis humanizadas e máis pensadas para os cidadáns, combinando o deseño, a sustentabilidade, a accesibilidade, a asequibilidad e o investimento.

Sempre que se lanzan iniciativas innovadoras para os seus cidadáns, o Eixo Atlántico organiza encontros entre os responsables políticos e técnicos dos seus concellos xunto con responsables da Comisión Europea para que os dirixentes das súas entidades teñan información directa sobre as políticas que Europa vai desenvolver e que instrumentos financeiros vai poñer en marcha en cada territorio.

O seminario celebrado esta mañá en Viana do Castelo foi inaugurado por José María Costa, secretario de Estado do Mar de Portugal, antigo presidente do Eixo Atlántico e ex alcalde de Viana do Castelo, quen abordou o impacto que a maritimidade ten sobre a Política Urbana e os enfoques cos que se traballa. En ocasións poden aparecer aspectos complicados no Plano Urbanístico entre o mar, o porto e a cidade en termos de mobilidade. É o que ocorre co porto de Vigo e a iniciativa de conectalo, a través do ferrocarril, ca saída sur de Vigo.

José María Costa asegurou: “El Eixo Atlántico es uno de los espacios más innovadores que tenemos en la Unión Europea en términos de cooperación. Ya hace 30 años que viene siendo un espacio de encuentro entre ciudades de Galicia y del norte de Portugal y de innovación de las políticas urbanas”.

O secretario de Estado do Mar de Portugal explicou: “Estamos en un tiempo en el que debemos volver a orientar la política marítima integrada. Tenemos que salvar a los océanos. Si no conseguimos debatir sobre los temas del agua, con agentes políticos pero también con los ciudadanos, tenemos un gran problema. Hay un nexo océanos-clima y es por ello que debemos hacer en los océanos las grandes transformaciones”.

El 90% de las acciones comerciales pasan por los océanos y los puertos La producción de energía limpia, la descarbonización, es una gran oportunidad para generar empleo y transformar los puertos y toda la actividad que tiene que ver con el mar”, engadiú.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico, afirmou: “Esperamos que, a partir de esta jornada, se pongan en valor la buenas prácticas existentes en las ciudades del Eixo Atlántico y que es fruto del trabajo iniciado con la Conferencia de Alcaldes de Pontevedra”.

Tiene que haber una transformación económica que vaya de la mano de la sostenibilidad, de la economía de proximidad y circular. Es aquí en donde estamos poniendo el foco desde el Eixo realizando estudios y organizando jornadas como la de hoy, para escuchar diferentes experiencias y ponerlas en práctica. No sólo vengo como presidenta del Eixo, sino también para escuchar y aprender para, desde lo local, transformar lo global”, concluiu a presidenta do Eixo Atlántico.

Durante o acto, interveu o filandés Eero Ailio, conselleiro da Comisión Europea, trasladou as liñas claves destes programas, así como o seu impacto sobre as cidades e o que os concellos deben desenvolver para conseguir financiamento.

A española Laura Hagemann, oficial de Políticas para o Desenvolvemento Territorial e Urbano na Comisión Europea, xunto con Marcos Ros, español e deputado do Parlamento Europeo, explicaron as liñas mestras deste programa e a súa conexión con iniciativas relacionadas co Pacto Verde Europeo e iniciativas de desenvolvemento urbano (EDUSI e AIDUS).

Por último, o ex secretario de Estado de Cooperación Territorial do Gobierno de España, José Luis Méndez Romeu, presentou o libro libro “Desarrollo Urbano en la era post-COVID”. Informe que coordinou para o Eixo Atlántico e no que participaron expertos de primeiro nivel como Ana Teresa Tavares-Lehmann, Joan Subirats Humet e Eero Ailio.

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, asegurou que: El Pacto verde es, a partir de ahora, la figura fundamental que todos los ayuntamientos van a tener que impulsar para poder optar a los confinanciamientos”. “El Eixo Atlántico es un proceso único en Europa que se construye con el trabajo de 41 ciudades y 400 personas involucradas diariamente, engadiú.

Luís Nobre, alcalde de Viana do Castelo, asegurou que: "Si hay una estrategia común seremos un territorio más preparado para dar respuesta a los desafíos sociales, económicos, ambientales y urbanos. La presencia del trabajo del Eixo garantiza esto ya que nuestros desafíos ante la transición digita y climática es compartida entre todos los miembros del Eixo”.

Noticias relacionadas