Con esta actuación aumentaranse nun 10% os postos dispoñíbeis, regularizando ademáis os postos do “mercado paralelo” do aparcadoiro do auditorio
Trátase dunha actuación demandada tanto pola veciñanza como por vendedores do mercado
- Tema

A concelleira de Participación e Servizos para a Cidadanía, Cristina López, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron as obras da mellora do mercado parque de Frigsa. Aproveitando o pintado dos espazos, reordenouse e aumentouse o número de postos dispoñibles. “Trátase dunha actuación demandada tanto polos veciños e veciñas como polos vendedores do mercado”, indicou Alenxandre Penas, e engadiu, “agardamos que para este venres as melloras estén concluídas”.
Con esta actuación tamén se pretende ordenar a colocación de postos no mercado paralelo que se establecía no aparcadoiro do auditorio, zona que foi conflictiva e requiriu en anteriores ocasións da intervención da Policía Local. Dende a concellería de Participación e Servizos para a Cidadanía, avanzouse que se seguirá traballando para manter e mellorar os mercados que se levan a cabo neste recinto municipal.
Con esta nova ordenación, onde se crean once novos postos, o mercado de Frigsa pasará a ter un total de 105 postos.
Audio
- O concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas, sobre a mellora do mercado do Parque de Frigsa | Descargar mp3