Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Durante esta semana reorganizarase e mellorarase o mercado do parque de Frigsa

Durante esta semana reorganizarase e mellorarase o mercado do parque de Frigsa

Con esta actuación aumentaranse nun 10% os postos dispoñíbeis, regularizando ademáis os postos do “mercado paralelo” do aparcadoiro do auditorio

Trátase dunha actuación demandada tanto pola veciñanza como por vendedores do mercado

  • Tema
    • Comercio,
    • Infraestruturas
Luns, 05 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Durante esta semana reorganizarase e mellorarase o mercado do parque de Frigsa

A concelleira de Participación e Servizos para a Cidadanía, Cristina López, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron as obras da mellora do mercado parque de Frigsa. Aproveitando o pintado dos espazos, reordenouse e aumentouse o número de postos dispoñibles. “Trátase dunha actuación demandada tanto polos veciños e veciñas como polos vendedores do mercado”, indicou Alenxandre Penas, e engadiu, “agardamos que para este venres as melloras estén concluídas”.

Con esta actuación tamén se pretende ordenar a colocación de postos no mercado paralelo que se establecía no aparcadoiro do auditorio, zona que foi conflictiva e requiriu en anteriores ocasións da intervención da Policía Local. Dende a concellería de Participación e Servizos para a Cidadanía, avanzouse que se seguirá traballando para manter e mellorar os mercados que se levan a cabo neste recinto municipal.

Con esta nova ordenación, onde se crean once novos postos, o mercado de Frigsa pasará a ter un total de 105 postos.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas, sobre a mellora do mercado do Parque de Frigsa | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/durante-esta-semana-reorganizarase-e-mellorarase-o-mercado-do-parque-de-frigsa

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/190805_alex_penas_mercado_frigsa_0.mp3