Dous deportistas do Club Loita de Lugo participan en Murcia no Campionato de España de Loitas Olímpicas

Venres, 12 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A selección Galega cadete de Loitas Olímpicas, participa mañá, sábado 13 de marzo, no Campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías de: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina.

Tras os resultados acadados o ano pasado a Federación Galega tratará de mellorar o 2º posto acadado en loita libre olímpica onde os deportistas máis destacados son: Francisco Moire (Club Touro) na categoría de 58kg, Frank Manuel Cabrera (Club Stellae de Santiago de Compostela) na categoría de 63kg, Manuel García medallista o ano pasado do Club Keltoi, así como David Fernández (Club Stellae) e Óscar Moreno (Club Loita Lugo) na categoría de 76kg e os dous representantes máis fortes Damián Iglesias (Club Touro) e Francisco Otero (Club Loita Lugo) menos de 84kg, o 2º posto en loita feminina e o 3º posto en loita grecorromana onde os máis destacados son: Bruno Carracelas (Club Vilalba) e Diego Torreiro do Club Keltoi.

Por outra banda o club de loita San Ignacio de Vigo, tratará de revalidar o título de Campión de España por Clubs en Loita Libre Feminina, acadado no ano 2009 por primeira vez para un Club Galego, esperamos que a selección feminina siga facendo historia neste deporte, aportando a maior parte das deportistas da selección. As loitadoras máis destacadas son Nerea Vila e Sara Viéitez do Club de loita San Ignacio, ambas adestran no CGTD de Pontevedra o igual que Iris Lucia Cepeda (Club Stellae de Santiago de Compostela) e Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces).

Para este campionato de España, deportistas de tres provincias representarán os seus clubs e a Galicia neste campionato.

Este traballo de diversificación, e a non dependencia do traballo duns poucos clubs, provocan o rápido crecemento das Loitas Olímpicas, non só no eido Galego, se non que tamén crecen os resultados a nivel estatal.

O traballo con adestradores que teñen titulacións deportivas superiores e formación universitaria está a crear unha forma de traballo única no territorio nacional, proba de elo é que Galicia é a comunidade autónoma con mais clubs representados nos Campionatos de España. Este fenómeno non ocorre noutras comunidades autónomas, onde un Centro de Tecnificación Deportiva ou un Club deportivo ostenta a maior parte da representación dunha autonomía.

Multimedia

Noticias relacionadas