Doce boxeadores participarán na velada de boxeo de San Froilán

Mércores, 01 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro venres, día 3 de outubro, terá lugar no Pavillón Municipal a partir das 22:30 horas a Velada de Boxeo San Froilán encadrada dentro do programa das festas patronais organizadas polo Concello de Lugo. Esta cita deportiva foi presentada hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do Club Boxing Cidade de Lugo, José Luís Álvarez, e o boxeador lucense  Alberto Piñeiro, “el Piña”.

O Concelleiro indicou que “facía moitos anos que non se incorporaba o boxeo dentro do programa de festas, pero este ano o recuperamos cun moi bo cartel de deportistas”.

Serán un total de 6 combates, dous da categoría neoprofesional: peso welter e semipesado, tres da categoría profesional: peso superlixeiro, peso supermedio e peso lixeiro, e un combate da categoría profesional de peso superlixeiro entre o dominicano Vidal Soto e o venezolano Pedro Verdú a tres asaltos de 3 minutos.

O Concelleiro indicou que aproveitando esta xornada de boxeo o Club Boxing e a Concellería de Deportes colaborarán nunha campaña benéfica que recauda fondos para axudar a un rapaz que padece unha enfermidade dexenerativa.

Os prezos das entradas para asistir aos combates serán de 10 euros nas gradas e 15 en silla.

Noticias relacionadas