
Ante a forte tormenta de granizo e choiva, o Concello activou este domingo, dende primeira hora da tarde, un dispositivo especial no que se implicaron operarios e equipamento de EcoLugo, Bombeiros e Policía local. A pesar de que estaban limpos os sumidoiros, moitos non foron capaces de absorber a cantidade de choiva que caeu en tan pouco tempo (máis de 30 litros por m2). O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández atópase ao fronte do dispositivo. As zonas que rexistraron máis incidencias foron as seguintes:
Zona Fontiñas:
- Rúa San Xillao
- Av. Fontiñas
- Rúa San Eufrasio
- Rúa Claudio López
Zona Aceña de Olga:
- Av. Magoi
- Ronda Fingoi
- Av Madrid
- Estrada da Granxa
- Alfonso X
A tormenta colapsou en minutos zonas de As Fontiñas, donde anegou baixos e dificultou o tráfico por momentos. Ademais, produciu derbodamentos no río Rato e tamén se produciu un corremento de terra no parque Os Paxariños, entre outras áreas. Tamén se viron afectadas outras infraestruturas e dependencias non municipais como a N-VI, o anexo do Pazo dos Deportes, a estación de autobuses ou varias plantas do Hospital Universitario Lucus Augusti.
Audio
- O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o dispositivo especial | Descargar mp3