Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dispositivo especial do Concello ante a tormenta de granizo e choiva

Dispositivo especial do Concello ante a tormenta de granizo e choiva

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Auga,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Urbanismo
Luns, 05 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dispositivo especial do Concello ante a tormenta de granizo e choiva

Ante a forte tormenta de granizo e choiva, o Concello activou este domingo, dende primeira hora da tarde, un dispositivo especial no que se implicaron operarios e equipamento de EcoLugo, Bombeiros e Policía local. A pesar de que estaban limpos os sumidoiros, moitos non foron capaces de absorber a cantidade de choiva que caeu en tan pouco tempo (máis de 30 litros por m2). O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández atópase ao fronte do dispositivo. As zonas que rexistraron máis incidencias foron as seguintes:

Zona Fontiñas: 

  • Rúa San Xillao
  • Av. Fontiñas
  • Rúa San Eufrasio
  • Rúa Claudio López

Zona Aceña de Olga:

  • Av. Magoi
  • Ronda Fingoi 
  • Av Madrid 
  • Estrada da Granxa
  • Alfonso X

A tormenta colapsou en minutos zonas de As Fontiñas, donde anegou baixos e dificultou o tráfico por momentos. Ademais, produciu derbodamentos no río Rato e tamén se produciu un corremento de terra no parque Os Paxariños, entre outras áreas. Tamén se viron afectadas outras infraestruturas e dependencias non municipais como a N-VI, o anexo do Pazo dos Deportes, a estación de autobuses ou varias plantas do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o dispositivo especial | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dispositivo-especial-do-concello-ante-tormenta-de-granizo-e-choiva

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/040623_miguel_fernandez.-_dispositivo_especial.mp3