Desde hoxe pódese visitar no Centro de convivencia de Fingoi a exposición "Imaxes en Lunfardo" da fotógrafa Giovana Pereira

Luns, 21 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este luns ponse en marcha a primeira das actividades programadas con motivo da celebración dos V Encontros das Culturas, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.

No Centro de convivencia de Fingoi quedou aberta hoxe a exposición “Imaxes en Lunfardo” da fotógrafa Giovana Pereira. Nela amósanse fotografías de cidades da Arxentina e o Uruguai ademais de carteis explicativos do significado dalgunhas palabras desta xerga que se fala no Río da Plata e que é produto da inmigración.

A mostra, na que colabora a Asociación de Rioplatenses de Lugo, poderase visitar ata o día 31 de maio.

O V Encontro das Culturas vaise celebrar os días 24,25 e 24 de maio. 

Multimedia

Noticias relacionadas