Descende preto dun 15% o volume de auga impulsada para o consumo

Sábado, 10 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os Concelleiros de Medio Ambiente e de Economía e Zona Rural, Lino González-Dopeso e Francisco Fernández Liñares, presentaron hoxe un balance da xestión da auga no momento actual, cando se celebra o Día Internacional da Auga.

Así, segundo indicaron, mentres descende de maneira significativa o volume de auga impulsada, aumenta a recaudación económica nesta materia o que é significativo "dunha mellora da xestión".

Nos últimos anos pasouse de ter reservas de auga inagotables á percepción xeralizada de que se trata dun ben escaso pasando a ter a categoría de "preocupación política e social", dixo Lino González.

En Lugo, aínda que non existe risco de sequía, o que si é certo é que hai unha demanda crecente do consumo. Novas industrias, novas prácticas comerciais (como por exemplo o lavado de coches) e maior demanda da poboación engrosan unhas necesidades que se teñen que cubrir cunhas reservas de auga que non aumentan e que, ás veces, disminúen.

Nos últimos anos o Concello vén reducindo o volume de auga impulsada aos depósitos, pasando de 13 millóns de metros cúbicos no 2000 a 11 millóns no 2006.

"Consumimos un 14,75% menos de auga que hai sete años, pese ao incremento da poboación e do número de actividades comerciais e industriales", explicou e engadiu que "estes datos indícanos que mellorou a xestión e que hai unha maior concienciación dos cidadáns". Afirmou tamén que queda "un longo camiño por percorrer tanto na xestión como na colaboración cidadá".

Calificou Lino González o futuro de Lugo no ciclo da auga como optimista. "As novas infraestructuras, tanto de abastecemento como de saneamento, vannos permitir mellorar tanto a calidade como a eficacia do servicio, en especial cando se está a realizar un importante esforzo inversor, de preto de 120 millóns de euros".

Pola súa banda, o Concelleiro de Economía e Zona Rural, Francisco Fernández Liñares, fixo referencia ás implicacións que tivo o estudo do clima e dos cambios climáticos para a preocupación posterior pola xestión da auga. Indicou tamén que o 80% da auga do país consúmese na agricultura, xa que o 16% das terras son regables.

En Lugo aumenta ano tras ano o volume da recaudación económica. De feito, este crecemento oscila entre o 6% e o 7% por ano, chegando aos 12.086.541 euros de recaudación durante o ano pasado. Fernández Liñares explicou que preto do 80 por cento da auga impulsada está controlada e xestionada. "O resto destínase ao baldeo das rúas e queda un pequeno remanente de auga que non se coñece o seu destino", dixo. Indicou que a porcetaxe de metros cúbicos facturados fronte aos elevados pasou do 52% ao 74%. Así, no 2000 facturáronse 6.860.000 euros fronte aos 8.248.000 do 2006.

A mellora da eficiencia dos regos e baldeos de agua, o control do fraude, a continuas inspeccións e a paralización dos lavadoiros foron as medidas máis usadas nos últimos tempos. De feito, os concelleiros consideran que a demanda xa está estabilizada, aínda que se continuará a perseguir o escaso fraude que poda quedar. Actualmente, están establecida unha media de consumo de 250 litros de auga por habitante e día.

Remataron facendo un chamamento aos cidadáns para que tomen conciencia do privilexio que supón para os cidadáns dispoñer de auga sin restriccións. "Si algún día non queremos ter problemas de suministro é agora o momento de comezar a ser coidadosos", dixo.

Noticias relacionadas