A derradeira proba do XXI Circuíto Larsa Corre con Nós percorrerá o entorno da Piscina Municipal de Frigsa

O circuíto conta con seis carreiras que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades.

 
Venres, 09 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, informa de que, este domingo terá lugar a derradeira proba do XXI Circuíto Larsa Corre con Nós, evento no cal as persoas participantes percorrerán o entorno da Piscina Municipal de Frigsa.

O Corre con Nós contou con seis carreiras – actualmente hai rexistradas 1.850 inscricións - que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades “sendo o único circuíto de probas atléticas gratuíto en Galicia” apuntaba Repetto.

A proba seguirá os seguintes horarios e percorridos:

12:00 Catg Mini ( 250 mt ) Recta de Meta

https://racemapp.com/recorrido/1032-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-mini

12:05 Catg Sub10-Sub12 ( 850 mt) cunha volta polo interior do Parque de Frigsa

https://racemapp.com/recorrido/1031-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub12sub10

12:15 Catg Sub14-Sub16 ( 1700 mt ) dúas voltas ao circuíto anterior

https://racemapp.com/recorrido/1030-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-sub16sub14

12:30 Catg ADULTOS (5600 mt) cun percorrido que transcorrerá polo interior do Parque de Frigsa e pola Avenida Duquesa de Lugo

https://racemapp.com/recorrido/1043-corre-con-nos-frigsa-final-circuito-adultos

Cortes de vías previstos para a celebración da proba:

Está previsto que, a partires das 11:30 h e ata as 13:30, o tráfico da Avenida Duquesa de Lugo no tramo paralelo ao Parque de Frigsa sexa dirixido e controlado polo Servizo de Policía Local de xeito que a marxe dereita, en sentido o Polígono de O Ceao, estea dividida por conos para facilitar a circulación nos dous sentidos mentres que a outra marxe estará cortada e dedicada ao desenvolvemento da proba de adultos.

Documento

 

Noticias relacionadas