Deportes abre a inscrición nos cursos intensivos de natación que terán lugar durante o mes de setembro

Xoves, 16 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes abre a inscrición nos cursos intensivos de natación que terán lugar durante o mes de setembro

A área de Deportes do Concello de Lugo, que dirixe Mauricio Repetto, informa que está aberto o prazo para inscribirse nos cursos intensivos de natación que terán lugar durante o mes de setembro nas dúas piscinas municipais: Frigsa e As Pedreiras.

Tanto as piscinas municipais de Frigsa como nas Pedreiras, durante o mes de setembro impartiran cursos de aprendizaxe e iniciación básica dirixida a máis 200 nenas e nenos, nados entre o 2012 e o 2016.

Así o avanzou o Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, quen lembrou que “o prazo de matrícula estará aberto ata o vindeiro 21 de xuño”. A inscrición farase entre as 09.00 e as 14.00 horas nas oficinas da Piscina Municipal de Frigsa, por estricta orde de chegada, sendo o prezo do curso de 40 euros.

Do mesmo xeito, o edil avanzou que os prezos non varían con respecto ao pasado ano. Os cursos comezarán o xoves 1 de setembro finalizarán o dia 30 do mesmo mes, e terán lugar de luns a venres.

Noticias relacionadas