Deporte e solidariedade danse a man no Corre con Nós que se disputou pola estrada de Ombreiro

Miguel Fernández deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta proba, que aproveitou o Concello e SOS Refuxiados para pedir a colaboración dos participantes para que donaran produtos para os refuxiados sirios

As vindeiras probas terán lugar o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño

Domingo, 17 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deporte e solidariedade danse a man no Corre con Nós que se disputou pola estrada de Ombreiro

Deporte e solidariedade déronse a man este domingo no Corre con Nós que se disputou pola estrada de Ombreiro. Así o manifestou o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta proba. O Concello e SOS Refuxiados pediron a colaboración dos participantes para que aporten e donen produtos de primeira necesidade para os refuxiados sirios, que recollían membros deste colectivo na meta, para envialo o día 27 dende o Porto de Barcelona ao Pireo.

Nesta carreira, enmarcada no Circuíto Larsa Corre con Nós, déronse cita preto de 2.900 atletas dos cinco anos diante, tanto afeccionados como profesionais, e de todos os puntos do municipio e da provincia. Trátase dunha carreira que tivo un percorrido de entre os 340 metros e os 2 quilómetros para as categorías infantís e os 6 quilómetros para os adultos.

Ao finalizar as probas, o Concelleiro, quen fixo fincapé no éxito de participación do Corre con Nós, fixo entrega de medallas e trofeos aos gañadores das categorías infantís, tanto femininas como masculinas.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

Multimedia

  • Deporte e solidariedade danse a man no Corre con Nós que se disputou pola estrada de Ombreiro
  • Deporte e solidariedade danse a man no Corre con Nós que se disputou pola estrada de Ombreiro

Noticias relacionadas