A Delegada de Urbanismo reunirase de novo con Cultura a semana próxima para seguir avanzando a explicación do PXOM

Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, mantivo hoxe unha reunión cos subdirectores xerais e os técnicos da Consellería de Cultura do Goberno galego na que lles trasladou os criterios utilizados polo Goberno Local na redacción do Plan.

Esta primeira reunión serviu para avanzar nalgúns dos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta e nos que xa traballa o Goberno Local. Así, María Novo fai unha valoración “satisfactoria dunha reunión que permite que a aprobación do plan estea cada vez máis próxima”.

Ambas as partes acordaron reunirse de novo para seguir traballando no plan, de xeito que desde Urbanismo se lles explicarán os criterios técnicos utilizados para a redacción do mesmo, agardando acordos entre Xunta e Concello. A Xunta comprometeuse a fixar unha nova data para a próxima reunión, previsiblemente a semana próxima.

Así, na reunión de hoxe, de carácter técnico, xa quedaron aclarados numerosos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta en relación co Plan.

Noticias relacionadas