A actuacións contempla a reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas e a adaptación dos rexistros á nova rasante das vías.
Estas obras, contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020.

O tenente de alcaldesa responsable da área de Medio Rural, Miguel Fernández, comprobou o inicio das obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas.
Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.
A maiores destas obras, tamén se melloraron unha estrada municipal en Tirimol, no núcleo de Seivane, e dúas estradas municipais en Pías, que parten da intersección da Estrada Provincial LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.
Todas estas obras, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020, realízanse para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a veciñanza destas parroquias.
Miguel Fernández destacou que “estas actuacións, moi necesarias, beneficiarán principalmente aos veciños e veciñas que utilizan as vías municipais a diario para efectuar os seus desprazamentos”.