Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dan comezo as obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas

Dan comezo as obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas

A actuacións contempla a reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas e a adaptación dos rexistros á nova rasante das vías.

Estas obras, contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Medio ambiente
Martes, 28 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dan comezo as obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas

O tenente de alcaldesa responsable da área de Medio Rural, Miguel Fernández, comprobou o inicio das obras de acondicionamento dunha estrada municipal na parroquia de Piugos, no núcleo de As Tabernas.

Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

A maiores destas obras, tamén se melloraron unha estrada municipal en Tirimol, no núcleo de Seivane, e dúas estradas municipais en Pías, que parten da intersección da Estrada Provincial  LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.

Todas estas obras, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas co cargo ao Plan Único do ano 2020, realízanse para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a veciñanza destas parroquias.

Miguel Fernández destacou que “estas actuacións, moi necesarias, beneficiarán principalmente aos veciños e veciñas que utilizan as vías municipais a diario para efectuar os seus desprazamentos”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dan-comezo-obras-de-acondicionamento-dunha-estrada-municipal-na-parroquia-de-piugos-no-nucleo