Cristina López participa no peche dos obradoiros da zona rural organizado en Orbazai

A concelleira amosou o seu compromiso por "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros".

A área de Participación puxo a disposición das asociacións veciñais da zona rural unha serie de obradoiros de distintas temáticas.

Martes, 09 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López participa no peche dos obradoiros da zona rural organizado en Orbazai

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou Orbazai, onde rematou unha das actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía para as asociacións veciñais do rural no ano 2024. As distintas asociacións desfrutaron nestes meses de cursos de distintas temáticas, como de poda, inxerto, restauración, cociña, pandeireta, repostería, etc...

Cristina López amosou o seu compromiso con todas elas para "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros". Ademais, a edil de Participación insistiu no feito de que "dende o goberno municipal seguimos traballando para facer funcionar o tecido asociativo tamén a través das partidas orzamentarias" polo que, insiste, "tanto axudas económicas coma obradoiros conviven e danse ao mesmo tempo".

A área de Participación entregou o pasado ano un total 10.691,12€ ás asociacións veciñais do concello de Lugo para executar proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas. Rubén Arroxo destacou que "esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano".

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre os obradoiros en Orbazai | Descargar mp3

Multimedia

  • Cristina López participa no peche dos obradoiros da zona rural organizado en Orbazai
  • Cristina López participa no peche dos obradoiros da zona rural organizado en Orbazai

Noticias relacionadas