A campaña “Convives ou Combates. Ti elixes” tivo lugar esta fin de semana en Lugo co apoio da área de Participación do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiu á xornada “Convives ou combates. Ti elixes”, sobre a vespa velutina, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza co apoio da área de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a campaña. Lugo foi unha das primeiras paradas desta formación sobre a importancia e a necesidade de implicación da veciñanza na loita contra esta especie invasora. Na xornada de hoxe, a AGA realizou actividades en Samos e no Vello Cárcere de Lugo.
As charlas incluíron formación sobre a posta en marcha de medidas para combater á velutina e, ao mesmo tempo, continuar coas explotacións apícolas tradicionais. As xornadas rematarán na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas.


