Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA

Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA

A campaña “Convives ou Combates. Ti elixes” tivo lugar esta fin de semana en Lugo co apoio da área de Participación do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

  • Tema
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural,
    • Medio ambiente
Domingo, 12 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiu á xornada “Convives ou combates. Ti elixes”, sobre a vespa velutina, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza co apoio da área de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a campaña. Lugo foi unha das primeiras paradas desta formación sobre a importancia e a necesidade de implicación da veciñanza na loita contra esta especie invasora. Na xornada de hoxe, a AGA realizou actividades en Samos e no Vello Cárcere de Lugo.

As charlas incluíron formación sobre a posta en marcha de medidas para combater á velutina e, ao mesmo tempo, continuar coas explotacións apícolas tradicionais. As xornadas rematarán na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-asiste-xornadas-informativas-sobre-vespa-velutina-organizadas-pola-aga