Concello e Deputación promoven a reflexión e estudo da muller a través dos Faladoiros Feministas

Ana Abelleira e Sonsoles López deron a coñecer a programación desta nova edición, coa que se busca crear un espazo de reflexión sobre a muller, dende un punto de vista feminista

Son un total de 7 charlas e conferencias que secelebrarán entre os meses de outubro e maio, no Salón de Actos do Vello Cárcere ás 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo

Xoves, 18 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación promoven a reflexión e estudo da muller a través dos Faladoiros Feministas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, presentaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, unha nova edición dos Faladoiros Feministas. Trátase dunha iniciativa que poñen en marcha ambas as dúas administracións, cunha achega de 12.000 euros, co fin de crear un espazo de reflexión e estudo sobre o papel da muller na actualidade, dende un punto de vista feminista. Na presentación participou tamén unha das representantes do Foro Feminista Maruja Mallo, Carmen Simón.

No acto, a Concelleira afondou na importancia que teñen este tipo de iniciativas “que serven para ver, para escoitar, pero sobre todo para aprender sobre feminismo, da man de relatoras de primeiro nivel que porán a Lugo na cabeza dos estudos feministas”.

Pola súa banda, a Deputada apuntou que "a través destas tertulias, amosamos á cidadanía o significado real do feminismo, porque cremos que hai moito descoñecemento en relación a este movemento social, totalmente necesario, e que ten como finalidade última acadar a igualdade de dereitos entre home e mulleres. Tanto dende a Deputación como dende o Concello queremos pór en valor o papel fundamental que xogan as mulleres na nosa sociedade, e dentro da aposta por se administración sumamente sociais e coas persoas”.

“Durante todos estes anos, fóronse acadándose dereitos importantes pero aínda quedan moitos polos que loitar, como por exemplo acabar coa violencia de xénero, coas discriminacións salariais, pensións, taxa de desemprego feminino, as diferenzas nos postos de responsabilidade política, social, cultural e económica; así como as dificultades entre a conciliación entre a vida persoal, laboral”, destacou  

Relatorios

Concello e Deputación en colaboración co Foro Feminista Maruja Mallo, ofrecen un total de 7 charlas e conferencias cos Faladoiros Feministas. Celebraranse entre os meses de outubro e maio, no Salón de Actos do Vello Cárcere ás 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

26 de outubro

Estereotipos e patriarcado no cine: roles e clichés, a cargo de Pilar Aguilar.

16 de novembro

Novos conceptos para pensar a violencia: feminicidio, a cargo de Carme Adán.

25 de xaneiro

A mercantilización dos corpos e a vida das mulleres, a cargo de Ana de Miguel.

8 de febreiro

O papel da cultura na (des)igualdade, a cargo de Laura Freixas.

15 de marzo

Son as mulleres vulnerábeis: pensando a xustiza e a igualdade, a cargo de María Xosé Agra.

26 de abril

A vida laboral das mulleres, a cargo de Marisa Soleto

24 de maio

A fábrica social da feminidade, a cargo de Mercedes Expósito

Noticias relacionadas