As inscricións - por rigorosa orde de entrada - poden realizarse entre o 15 e o 25 de maio, a través da web lugomasxti.org.

O Executivo de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), abre o prazo de inscrición para un novo obradoiro gratuíto, neste caso de esmaltado de uñas semipermanente.
Este curso de 8 horas, está dirixido a lucenses de entre os 16 e os 25 anos, en horario de 18.00 a 22.00 no Centro de Estudios RAFER (Rúa Pena do Rei 4 27002). Os contidos a impartir versarán sobre as características e función de cada producto a utilizar, manicura básica, características e preparación da uña, esmaltado semipermanente a unha cor, e esmaltado semipermanente con manicura francesa.
“Coma sempre, tratamos de chegar a todos os focos de interese da mocidade lucense co obxectivo de facilitar alternativas de ocio saudables, que ademais poidan abrir as portas ao mundo laboral” apuntaba Repetto.
Todos os interesados en inscribirse nesta actividade, que conta con 40 prazas – 20 prazas por grupo –, poden facelo en: www.lugomasxti.org entre o 15 e o 25 de maio.
Grupos curso de esmaltado de uñas semipermanente:
GRUPO 1: O 31 de maio e o 5 de xuño
- Das 18:00 ás 22:00h no Centro de Estudios RAFER
GRUPO 2: O 14 e o 19 de xuño
- Das 18:00 ás 22:00h no Centro de Estudios RAFER