O primeiro punto de encontro da campaña informativa de sensibilización será o sábado 3 de xuño, no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, de 17:30 a 20:30 h.
O Concello segue apostando pola concienciación dos máis novos e da comunidade, por iso continuarán informando dos riscos que implica o consumo excesivo de alcohol.

O Executivo de Lara Méndez, levará a cabo unha nova campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol e outras drogas enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello, a través da área de Xuventude e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, co obxectivo concienciar á mocidade e dotar de información axeitada.
Dende a Concellería, estanse a levar a cabo campañas, que teñen como finalidade atrasar o inicio de consumo de bebidas alcohólicas nos menores e un consumo responsable nos adultos. Neste senso, durante o mes de xuño levaranse a cabo accións con diferentes puntos de encontro, nos que se informará dos perigos do alcol, haberá xogos, agasallos para a cidadanía, entre outras actividades.
Trátase pois, de sensibilizar sobre un consumo responsable de alcol por parte de toda a sociedade. Esta campaña está dirixida á mcidade lucense, adultos e familias porque consideramos que é un tema que implica a toda a sociedade.
Dende o Concello de Lugo, explican que, seguirán apostando pola educación en todos os campos como fórmula de cambio da sociedade e en promover unha vida saudable que abarque non só o benestar físico senón tamén o emocional como neste caso.
Campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol e outras drogas:
Sábado, 3 de xuño
- Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo
- De 17:30 a 20:30 h.
Martes, 6 de xuño
- Facultade de Veterinaria
- De 16:30 a 19:30 h.
Xoves, 8 de xuño
- Biblioteca Intercentros
- De 11:00 a 14:00 h.
Martes, 13 de xuño
- Pr. Horta do Seminario, nas proximidades da Facultade de Formación de Profesorado e do IES Virxe dos Ollos Grandes
- De 11:00 a 14:00 h.
Sábado, 17 de xuño
- Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo
- De 17:30 a 20:30 h.